domingo, 23 de abril de 2017

MAKING OF - ASÍ SE FIXO!

Aquí queda o Making Of dos cadros do noso museo persoal de Paul Klee!
https://1drv.ms/v/s!ApF2wDC854pXgS0PlA8aBmjKpI1m

PAUL KLEE

Estamos moi content@s!
Por fin ve a luz o programa que estivemos preparando dende hai moito tempo.
Para levar a cabo o noso traballo tivemos que seguir varios pasos:

1. Realizar unha investigación sobre a vida do pintor escollido: PAUL KLEE
2. Escoller entre todos os datos recabados os que nos parecían máis interesantes (case todas as súas viaxes polo mundo)
3. Memorizar cada un a súa parte
4. Buscar as imaxes que ían mellor coa información
5. Gravar cada parte por separado (Moitas veces! Non é fácil saír na tele)
6. Elexir un cadro do noso pintor para facer unha réplica
7. Facer os debuxos e pintar

Esperamos que vos encante e que merecera a pena o noso esforzo!

https://1drv.ms/v/s!ApF2wDC854pXgSzevYMV_cVSTjjo