venres, 30 de marzo de 2018

sábado, 24 de marzo de 2018

O horto escolar

Este venres antes das vacacións estivemos visitando o horto de Educación Infantil.
A nosa misión era escoller unha planta do Arbolario para recompilar información sobre ela.
A elexida foi... a ALBAHACA!


Chama ao 112! Curso de Primeiros Auxilios

Aprender a actuar correctamente nunha situación de emerxencia non é nada fácil. Por iso realizamos no cole unha xornada de Primeiros Auxilios na que nos indicaron algunhas nocións básicas.


 Aquí vos deixo un vídeo no que podedes recordar como actuar.



venres, 23 de marzo de 2018

Teatreiros!

A clase de 2º acaba de propoñerse un reto moi particular: 
TRANSFORMARSE EN ACTRICES E ACTORES!!
 Diego, Sandra, Idaira, Lorena, Lucas, Zaira e Alba Rodríguez forman o primeiro grupo.
Sofía, Marcos, Isaac, Valeria, Iker, Martín e Alba Gómez o segundo.
Aquí están repartindo as personaxes da obra.
Máis adiante poderedes ver o resultado do seu esforzo.

Novo record de reciclaxe

Non podemos estar máis led@s!
Este trimestre superamos os Kg de pilas que xuntamos no anterior, todas as clases se motivaron para colaborar con esta gran iniciativa.
A clase ganadora foi 4º de Educación Infantil cun total de 37 kg . Noraboa pequen@s!
Entre todo o cole recolectamos 145,50kg.
Ben feito!!
http://slide.ly/embed/d89d27696bdc4ed3945ad3dc20217663/autoplay/0

luns, 19 de marzo de 2018

O cociñeiro Martiño

O escritor Iago López contounos un dos seus libros "O cociñeiro Martiño". 
O chef Martiño quere converterse no cociñeiro do rei e para iso precisa conseguir todos os ingredientes para elaborar o mellor biscoito do mundo.
Foi xenial, os nenos e as nenas de Educación Infantil e de 1º e 2º puideron participar e escoitar unha historia do máis orixinal.