luns, 20 de novembro de 2017

Tod@s contra a violencia

https://1drv.ms/v/s!ApF2wDC854pXgTpxDMDgbqs9yCPA
@s de segundo realizamos este luns un obradoiro pola paz e a igualdade.
Escoitamos un conto moi chulo e decoramos unhas enormes camisetas con lemas e debuxos!
Mirade que chulada!

sábado, 11 de novembro de 2017

Festexamos o Magosto!

Este venres día 10 festexamos o Magosto no cole.
A verdade é que as castañas tiñan este ano de amigos e amigas a moitos gusaniños polo que tivemos que pasar ao plan B e pintarnos a cara para pasar un día realmente divertido!
Premede nas imaxes e mirade que ben o pasamos!
https://1drv.ms/v/s!ApF2wDC854pXgTZLdPdBqV2jrZYH 
https://1drv.ms/v/s!ApF2wDC854pXgTf3BDTWuoRoaJEZ

xoves, 9 de novembro de 2017

O Magosto

Que rápido chegou o Magosto!
Despois de celebrar a monstruosa festa de Samaín, imos a festexar a das castañas.
Para iso, estamos a ensaiar unha canción para sorprender a tod@s @s compañeiros do colexio con unha xenial actuación!
Aquí vos deixo o vídeo de "TRES CASTAÑAS POLO CHAN"