domingo, 24 de decembro de 2017

FESTIVAL DE NADAL

Por fin chegou o día da verdade...
Despois de moitísimos ensaios actuamos diante do gran público!
O festival foi todo un éxito!!!
1ª ACTUACIÓN: FUN AO MERCADO

2ª ACTUACIÓN: SNOWFLAKE
3ª ACTUACIÓN: ALBA E LORENA - MUIÑEIRA



luns, 11 de decembro de 2017

CIRCOPETA

Este luns 11 de decembro @s alumn@s de 1º e 2º puideron gozar de "Circopeta" no teatro de Afundación en Vigo.
No espectáculo combínanse instrumentos da vida cotiá, sonoros tambores de plástico reciclados, coreografías motóricas e melodías de instrumentos de láminas.
Algo especial e novidoso que fixo as delicias d@s nos@s peques.