martes, 31 de outubro de 2017

SAMAÍN 2017

Este ano o Samaín celebrouse por todo o alto en Arbo!
Que mañá pasamos!!!!
1º Viñemos con atuendos de medo
2º Decoramos a aula e as mesas
3º Presenciamos o baile de Thriller por parte d@s alumn@s de sexto
4º Convertémonos en periodistas e entrevistamos a todas as clases para a revista do cole
5º Escoitamos un conto de medo por parte d@s alumn@s de sexto
6º Visitamos a exposición de cabazas
Que vos parece??? Foi unha pasada!!!
Se non o credes... Mirade o video! 
https://1drv.ms/v/s!ApF2wDC854pXgTXDK3R-bpZiPG1g

martes, 24 de outubro de 2017

Día das bibliotecas

O día 24 de outubro celebramos o "DÍA DA BIBLIOTECA".
Como este curso o noso cole xirará ao redor do cine cada clase fixo 
uns marcapáxinas con esta temática.
@s nen@s de 2º escollemos as nosas películas favoritas
 e a verdade é que nos quedaron xeniais. Animádevos a velos!! 
https://1drv.ms/v/s!ApF2wDC854pXgTRNfDj2Tb2Mvat8

domingo, 15 de outubro de 2017

sábado, 14 de outubro de 2017

O SISTEMA SOLAR

Desde principio de curso estivemos aprendendo un montón sobre o 
Sistema Solar.
Coñecemos o nome dos planetas que o forman, os movementos que fai a Terra 
e tamén as fases da Lúa.
Pois aquí tedes uns vídeos que vos virán xenial para repasar!

O SISTEMA SOLAR

OS MOVEMENTOS DA TERRA

AS FASES DA LÚA