venres, 22 de xuño de 2018

Fin de curso!

Isto acabouse!
Non esquezades visitar a web do cole onde poderedes atopar a revista O Muíño e ver o vídeo da festa de fin de curso onde o pasamos de marabilla.
Agora...

venres, 8 de xuño de 2018

Tod@s a mercar!

Que xornada tan xenial!
Despois de preparar durante días unha lista da compra axeitada ao gusto de tod@s, 1º e 2º acudimos a un supermercado de Arbo para conseguir uns ricos alimentos para elaborar unha merenda moi nutritiva.
Xamón, queixo, tomate, leituga, melocotóns, plátanos... De todo!!!
Foi moi divertido pagarlle as caixeiras con diñeiro de verdade... cortar, pelar... XENIAL!!


xoves, 17 de maio de 2018

O DÍA DAS LETRAS!

Despois de investigar na biblio e na Internet sobre os libros e a vida de Mª Victoria Moreno decidimos realizar traballos distintos cada grupo.
Así de chulo nos quedou!



martes, 15 de maio de 2018

O DÍA DA FAMILIA

Como cada ano, o día 15 de maio festexamos o Día da Familia.
Esta vez elaboramos un bonito marco con cartón e cartolina no que poder expoñer unha foto das persoas máis importantes da nosa vida.
Custaron moito traballo pero mereceu a pena!!
Facede click para ver o vídeo!
https://1drv.ms/v/s!ApF2wDC854pXgUIYafDKstuQDSGA

domingo, 29 de abril de 2018

Día do libro.

Un curso máis, para conmemorar o Día do libro, organizamos no patio do colexio unha actividade de animación a lectura. 
 Os alumnos dos cursos superiores convertéronse en padriños e madriñas por un día dos máis pequenos para compartir historias contadas por eles mesmos. 
Con esta actividade preténdese principalmente a mellora dos diversos contidos da lectura, pero ademais contribuirá a desenvolverr as relacións interpersonais dos alumnos do centro e o acercamento entre nenos de idades diferentes.

luns, 23 de abril de 2018

Día do libro

Como cada ano, o 23 de abril celebramos o DÍA DO LIBRO. Es un día simbólico para la literatura mundial ya que ese día en 1616 fallecieron Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.
Para aprender algo sobre a historia de Cervantes e o seu famoso Don Quijote, premede nas imaxe!
http://nea.educastur.princast.es/quixote/index2.htm


http://engalego.es/curso/lim/23_de_abril_dia_del_libro1/23_de_abril_dia_del_libro.html

domingo, 22 de abril de 2018

ALBAHACA

O horto escolar xa leva un mes en marcha e agora tócanos realizar unha investigación sobre unha das plantas que ten: a ALBAHACA.
Pinchade nas fotos para buscar información interesante sobre ela.
https://www.tuasaude.com/es/para-que-sirve-la-albahaca/https://www.hogarmania.com/jardineria/fichas/plantas/201206/albahaca-15745.htmlhttps://es.wikipedia.org/wiki/Ocimum_basilicum



Día da árbore

https://1drv.ms/v/s!ApF2wDC854pXgT-M0B9zNnjZZ_D4

domingo, 15 de abril de 2018

TEATRO: Concierto de primavera!

El día del estreno llegó por fin!
Después de tanto trabajo y ensayo la clase de 2º llevó a cabo su obra obteniendo un gran éxito por parte del público.
https://1drv.ms/v/s!ApF2wDC854pXgT2ig69c1pOXDTN3
https://1drv.ms/v/s!ApF2wDC854pXgT5ZlQHssJtft4Cy

Simulacro de emerxencia

No CEIP Antonio Carpintero somos conscientes da necesitade de ter un plan de emerxencia para saber como actuar no caso da existencia da mesma. Debemos estar organizados, preparados e ter claro os cometidos de cada un dentro do cole.
Por iso, decidimos levar a cabo este simulacro para practicar.
Conseguimos facelo en tempo récord!
Noraboa a tod@s!

venres, 30 de marzo de 2018

sábado, 24 de marzo de 2018

O horto escolar

Este venres antes das vacacións estivemos visitando o horto de Educación Infantil.
A nosa misión era escoller unha planta do Arbolario para recompilar información sobre ela.
A elexida foi... a ALBAHACA!


Chama ao 112! Curso de Primeiros Auxilios

Aprender a actuar correctamente nunha situación de emerxencia non é nada fácil. Por iso realizamos no cole unha xornada de Primeiros Auxilios na que nos indicaron algunhas nocións básicas.


 Aquí vos deixo un vídeo no que podedes recordar como actuar.



venres, 23 de marzo de 2018

Teatreiros!

A clase de 2º acaba de propoñerse un reto moi particular: 
TRANSFORMARSE EN ACTRICES E ACTORES!!
 Diego, Sandra, Idaira, Lorena, Lucas, Zaira e Alba Rodríguez forman o primeiro grupo.
Sofía, Marcos, Isaac, Valeria, Iker, Martín e Alba Gómez o segundo.
Aquí están repartindo as personaxes da obra.
Máis adiante poderedes ver o resultado do seu esforzo.

Novo record de reciclaxe

Non podemos estar máis led@s!
Este trimestre superamos os Kg de pilas que xuntamos no anterior, todas as clases se motivaron para colaborar con esta gran iniciativa.
A clase ganadora foi 4º de Educación Infantil cun total de 37 kg . Noraboa pequen@s!
Entre todo o cole recolectamos 145,50kg.
Ben feito!!
http://slide.ly/embed/d89d27696bdc4ed3945ad3dc20217663/autoplay/0

luns, 19 de marzo de 2018

O cociñeiro Martiño

O escritor Iago López contounos un dos seus libros "O cociñeiro Martiño". 
O chef Martiño quere converterse no cociñeiro do rei e para iso precisa conseguir todos os ingredientes para elaborar o mellor biscoito do mundo.
Foi xenial, os nenos e as nenas de Educación Infantil e de 1º e 2º puideron participar e escoitar unha historia do máis orixinal.

sábado, 17 de febreiro de 2018

Entroido de cine

Chegou o fabuloso día do Entroido! 
Pasámolo en grande!!
https://1drv.ms/v/s!ApF2wDC854pXgTtoeFJcQHA2GJtc

As ordes do Meco

Durante unha semana o Mequiño ordenou traer distintos complementos. A clase de 2º non dubidou nin un instante en traer todo o mandado, quedaron así de guap@s!!
 Como xa estabamos preparados con mandil para cociñar, montamos un restaurante improvisado na nosa clase. Quedáronnos uns platos con moi boa pinta!